Achegamos este video co discurso de Rachel Corrie cando era unha nena de quinto curso e no que pedía o fin da fame e a pobreza. Co paso dos anos esta nena seguiu tomando conciencia dos problemas do mundo no que vivía e pasou a formar parte do Movemento de Solidariedade Internacional en defensa do pobo palestino.
Esta loita non violenta polos dereitos dos oprimidos rematou a idade de 23 anos cando morreu esmagada por unha escavadora militar do exército de Israel mentres trataba de impedir a demolición dunha casa palestina.
Recomendamos que vexades este discurso e que vos acheguedes á figura de Rachel. Tedes máis información neste enlace: periodismohumano.com/culturas/morir-joven-en-gaza.html