Na celebración deste domingo o grupo que a preparou quixo que xirara ao redor da muller, xa que este martes celebramos o Día Internacional das Mulleres. Deixamos aquí a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres que convoca un acto en Vigo para este martes que se suma aos distintos que se van facer en Galiza.
A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais paraunir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario:
* A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, earticularse tendo en conta as mulleres, e con visión eperspectiva de xénero.
* O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidadee paridade se cremos que é posíbel construír outromundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.
Os momentos de crise económica historicamente serviron parareforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nosdereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nosdereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza eigualdade.
É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinaresforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais,ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais… e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía dasmulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosasvidas e as das xeracións futuras.
A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actosprogramados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema: «IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADEVALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL»
En Vigo está convocada o martes 8 de marzo ás 20h00 unha manifestación lúdico-festiva dende a Praza de Portugal
—
Fonte: www.feminismo.info/webgalego