15 febreiro: Apagón xeral

O día 15 de febreiro DÍA DO CONSUMIDOR dende a rede estase a convocar un apagón xeral de electricidade nos fogares españois ás 22 horas en sinal de protesta pola suba abusiva que ENDESA, IBERDROLA e FENOSA levaron a cabo nas súas tarifas eléctricas.

Con só 30 minutos apagando todas as lámpadas, cociñas e todo o que se poida, a excepción dunha delas para ver, faremos un oco nas súas arcas e terán que deter os seus transformadores, acordándose así de todos aos que nos están a roubar.