Festa do Lume 2011

Dende a Asociación Irimia convocan para o sábado 6 de febreiro nos Salesianos de Santiago de Compostela a Festa do Lume que comezará coa asemblea anual ordinaria en primeira convocatoria ás 9h00 e en segunda ás 10h00.

Logo da asemblea haberá ás 12h30 unha conversa sobre a figura de Pepe Chao, logo un xantar compartido e ás 16h30 farase unha homenaxe a Pepe Chao – Celebración da Candeloria.