Nota de prensa da Rede Social

Hai uns días a Rede Social Galicia Sur emitía unha nota de prensa na que valoraba positivamente as iniciativas anunciadas na cidade que tiñan coma obxectivo dar maior cobertura ás necesidades das persoas ser foga. Iso si sen deixar de reclamar un proxecto sólido e permanente de Centro de Inclusión Social.

É DE DEREITO DAR COBERTURA ÁS NECESIDADES DAS PERSOAS SEN FOGAR

A Rede Social Galicia Sur perante as últimas informacións acerca da apertura no edificio da antiga Escola de Hostelería dun albergue provisional na nosa cidade ven a declarar que se posiciona a favor de calquera servizo público de carácter social que veña a conformar a rede de recursos da nosa cidade. A Rede entende que o albergue provisional (que tal e como recolle a lei é un aloxamento de carácter temporal para persoas transeúntes e persoas que están sen fogar) é un servizo necesario en Vigo que viría a completar a oferta destes servizos existentes na cidade de iniciativa privada e apoio publico.

Non obstante non deixa de ser éste un proxecto temporal polo que, máis alá de intereses partidarios de ningún signo, a Rede entende que este recurso, sen dúbida necesario, non dá completa resposta á reivindicación que se mantén dende hai anos sobre a necesidade dun Centro público de Inclusión Social, entendido como un servizo que de xeito polivalente ofreza máis alá da pernocta puntual e da cobertura das necesidades máis básicas, tamén os coidados esenciais de carácter sociosanitario e o axeitado apoio profesional que posibilite o inicio e consolidación de procesos de recuperación e axuste persoal e, con iso, a saída do círculo da pobreza e exclusión social e a incorporación social e laboral. Polo tanto a Rede segue a reclamar a busca dun proxecto definitivo de Centro público de Inclusión Social que dea maior e máis axeitada cobertura ás necesidades da población sen fogar de Vigo.

A Rede Social Galicia Sur solicitará una entrevista con Alcaldía para que se lle dea a coñecer o proxectado para o espazo da antigua Escola de Hostelería, dentro dunha actitude facilitadora e de colaboración co único fin de que este proxecto sexa unha realidade, o primeiro paso dunha rede de servizos que dean resposta ás necesidades reais do colectivos das persoas sen fogar en Vigo.