Concentración-durmida no Día da Constitución pola apertura do dispositivo contra o frío

Dende o Grupo Imán comunican que, tendo en conta as crúas condicións climatolóxicas que están a sufrir especialmente durante estes días as persoas sen teito da nosa cidade, deciden convocar de urxencia unha concentración-durmida o Día da Constitución para esixir ao Concello que non agarde a que comece formalmente o inverno e que poña en marcha inmediatamente o dispositivo de frío destinado ao acollemento provisional das persoas sen fogar.

A concentración na Praza da Constitución comezará o luns 6 de decembro ás 10:00 horas e rematará o martes 7 ás 11:00 horas. O luns 6, en plena concentración, ás 18:00 horas, levaremos a cabo unha reunión en dita praza para tratar este problema, reunión que estará aberta a toda a xente que desexe participar.

Dende o grupo son «conscientes de que se trata dunha convocatoria precipitada e que non poderemos reunir máis que un grupo moi reducido de persoas, pero cremos que aínda así é necesario facer este chamamento público para que o dispositivo se abra xa. En todo caso, convidámosvos a acompañarnos na medida das vosas posibilidades