Actividades de IMÁN no Día Mundial de loita contra a SIDA

Mañá 1 de decembro o grupo Imán convoca unha serie de actos na lonxa do Concello de Vigo con motivo Día Mundial de loita contra a SIDA.

– Dende as 8:00 ás 14:00 repartiremos as “bolsas que cotizan en saúde”, con material informativo e de prevención tanto das institucións públicas como de elaboración propia. Ademáis regalaremos unhas fundas para teléfonos móviles coa mensaxe “Non esquezas o condón. Bicos.”

– Ás 18:00 horas culminaremos o día co acto central da xornada en torno ao lazo vermello. Ao inicio do acto, o compañeiro Marco R. cantará un rap sobre o uso do preservativo composto por el mesmo; despois leremos un documento reflexivo en torno a loita contra a SIDA; e contaremos coas intervencións da Concelleira de Benestar Social e do Alcalde. Para rematar, gardaremos un minuto de silencio polas persoas falecidas no mundo a causa da SIDA.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.