Foro de ONGD

O 20 de novembro, durante todo o día, as ONGD de Vigo agardannos na Praza de Compostela onde darán a coñecer as accións solidarias e de cooperación que realizan. Un Grupo de Teatro e as ONGD achegarannos aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio con obradoiros, accións itinerantes, performance, contacontos… O horario será de 11h00 a 13h30 e de 16h30 a 19h30.

E como fin de festa un Concerto de balde no Auditorio do Concello de Vigo, do grupo «La Habitación Roja» ás 21h00. Podedes recoller as invitacións en: – ConcelleríaBenestar Social (Praza do Rei; no1; Pranta Baixa; Tlf.986810129; Horario 9h-1h) ou en ONGD Amigos da Terra-Agareso (Policarpo Sanz, 17, 1oD Vigo, 986125171: Horario 9h-14h).