Preto de 200 persoas, pertencentes ás Comunidades Cristiás Populares (CCP) do estado español, reunímonos nos salesianos de La Almunia de Doña Godina do 29 de outubro ao 1 de novembro de 2010, baixo a lema “A esperanza dos pobres, e nós que? Así rezaba o Manifesto final deste XIV Encontro Estatal de CCP, cuxo titulo remachaba rotundo “A RIQUEZA DUNS POUCOS É A POBREZA DE MOITOS”.
A crónica deste novo Encontro estatal practicamente viría xa dada polo propio Manifesto final que tedes mais abaixo xa que resume perfectamente o traballo abordado nesta ponte dos santos, tanto desde os relatorios de Fernando Bermúdez sobre “A esperanza Latinoamericana en construción” e de Concha Martinez & Asun García sobre o “Como construír a realidade”. Tamén reflicte o traballo en grupos e o dos 6 talleres desenvolvidos. A saber: Ecofeminismo, Etica Laica, Cidadanía e democracia participativa, economía alternativa, Inmigración e DDHH ou Que Deus, que relixión.
Tan só cabería lembrar todo o que nestes encontros adoita ser xa habitual (acollida, festa, eucaristía, espazos para compartir, oracións, …), aínda que esta vez se cabe cunhas mellores sensacións, non sei se porque facía mais tempo desde o noso anterior encontro (pois o aprazamos cando nos coincidiu co último de Redes Cristiás). E especialmente sinalaría tres destas sensacións: a excepcional acollida das comunidades mañas, probablemente coa media de idade mais nova do país; a coparticipación en todas as actividades, que menos o folclore da terra que nos ofreceron xenerosamente as boas xentes do lugar, todo fíxose desde dentro, xa fosen relatorios, gardaría ou festa; e os salesianos que abriron a súa casa, aos que se lles fago esta mención especial non é só pola súa natural dispoñibilidade e acollida, que a final de contas é o que se espera dos irmáns que fan este tipo de opcións, senón porque non seguiron a liña de coaccións coa que ultimamente a igrexa organización vénnos pechando todas as súas portas.
E sen máis copio a continuación as declaracións que concreta o Manifesto que foi lido dentro da emotiva Eucaristía vivida nesta importante cita e que parte en todos os seus enunciados do recoñecemento explícito “como crentes en Xesús de Nazaret”.
CONSTATAMOS que existe un monstro que domina o mundo e que ese monstro -do que xa nos fala a Apocalipse-, non é só o imperialismo invasor dos EEUU, senón o mesmo sistema capitalista neoliberal e globalizado que xera fame no mundo e enormes desigualdades.
BUSCAMOS a desaparición do capitalismo e do sistema social que o sustenta, o que implica un cambio de conciencia, unha redución do noso consumo así como a creación de alternativas diversas para a redistribución da riqueza.
PROCLAMAMOS que toda inxustiza coas persoas inmigrantes impúlsanos a comprometernos en vivir máis austeramente para que elas poidan ter o imprescindible.
REAFIRMAMOS que o seguimento de Jesús de Nazaret ten sentido para nós, é unha fonte de esperanza e un impulso que nos anima a unha constante renovación persoal.
SENTÍMONOS parte dunha Igrexa libre e liberadora, que se constrúe desde a base e desde os valores que priorizan o comunitario, a sinxeleza, a solidariedade e o próximo.
APOSTAMOS por unha Teoloxía da Liberación que aínda que é concibida como un perigo para o sistema segue sendo unha importante forza para o cambio tanto alí en América Latina como aquí.
CONSTRUÍMOS a realidade desde lugares precisos, pero desde CCP queremos que ese lugar sexa o das persoas máis marxinadas e excluídas da nosa sociedade. O noso próximo son os rostros da exclusión, son os rostros das persoas que emigran, das que pasan fame, das persoas refuxiadas, das persoas maiores, das mulleres, das persoas que perden a liberdade, da mocidade en paro, dos nenos e nenas e tamén é o rostro da Natureza.
REPONSABILIZÁMONOS como crentes, na construción dunha Ética Laica comprometida coa liberación de calquera vítima da historia, comezando por mirar desde esas vítimas, recoñecendo a súa dignidade, mantendo a súa memoria e pasando ás consecuencias políticas que toda opción pola xustiza debe ter.
CREMOS no noso potencial transformador para promover a participación igualitaria de homes e mulleres na defensa, conservación e recuperación do Medio ambiente, como forma de construír o Reino de Deus Pai-Nai anunciado por Jesús.
MANIFESTAMOS que a participación cidadá e o compromiso político son responsabilidade de todas e todos, -tamén das cristiás e cristiáns, xa!.
DENUNCIAMOS que ese monstro, a través do sistema económico e financeiro que impón, converteu ao planeta enteiro no seu mercado. E que para iso se vale duns tentáculos tales como os seus organismos financeiros (FMI, OMC, BM, …), o terrorismo financeiro, a crecente militarización e a súa tola carreira armamentística, o club Bildelberg ou as mesmas transnacionales.
PROTESTAMOS contra as agresións que os patriarcados exercen sobre o medio ambiente, sobre as mulleres e sobre os excluídos deste mundo.
IMPLICARÉMONOS na erradicación da pobreza porque resulta contraditorio que no “ano europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social”, en España haxa 9,5 millóns de persoas baixo o limiar da pobreza, 5 millóns de persoas paradas e o noso gasto social estea 7 puntos por baixo da media europea. Interpélanos especialmente, a actual situación dos mozos en paro que se enfrontan a un futuro incerto.
E COMPROMETÉMONOS a desenmascarar a ese monstro e aos medios de comunicación ao servizo das corporacións internacionais que o aúpan, para que non xere máis desigualdades, guerras, nin os máis de 1000 millóns de famentos no mundo que, segundo a UNICEF, supón a morte dun neno/a cada 4 segundos.
E termino como o facía o citado manifesto, lembrando unhas trovas das que se cantaron o primeiro día nunha das presentacións dos participantes:
Que esperanza dos pobres,
poden os pobres ter,
se gobernan os mercados,
neste mundo ao revés?
—
Artigo escrito por Luís Angel Aguilar Montero (membro das CCP de Albacete)