Parece que nunca van esgotarse as formas de facer entender aos políticos da cidade que o centro de inclusión social para persoas sen fogar é moi urxente que se abra. O pasado sábado nunha rúa do Príncipe ateiga de xente o grupo IMÁN volveu a concentrarse, coa compañía da nosa comunidade. Aproveitamos que o 17 de outubro era o Día Mundial pola Erradicación da Pobreza para facer outra chamada a que a pobreza mata e na nosa cidade ten rostro de persoas que non teñen fogar e que agardan pola apertura do albergue. Na concentración puidemos escoitar música tradicional galega, ademais da canción «Nas choupanas de Vigo…» que fixo de banda sonora dun acto que escolleu uns salvavidas como símbolo da grave situación de vida ou morte na que se atopan moitas persoas por mor da pobreza.
No acto deuse lectura dun manifesto e anunciáronse accións no caso de que non se dea unha resposta inmediata a unhas peticións que veñen xa de moi lonxe e que polo momento parece que ninguén quere escoitar.
No os preocupeis…este año los politicos van a tener albergue hasta en la sopa. No hay que dejarles descansar hasta que se harten y den el brazo a torcer.
Un abrazo!!