Coñecemos a escola de María Soliña na India

Onte na eucaristía do domingo puidemos contar coa presenza da compañeira que fundou a escola «María Soliña» na India. Ademais de explicarnos a tarefa que están a desenvolver nesa zona atendendo na súa escola a máis de 300 nenos e nenas, deunos as grazas polos cartos que dende a campaña de nadal do ano pasado lles achegamos dende a nosa comunidade.

Estes cartos serviron para financiar a construción dun porche no que se puideran resgardar os nenos na temporada de choivas.

Esta organización segue a necesitar cartos para seguir adiante cos seus proxectos, se queredes máis información sobre eles podedes entrar na súa web: shangaindia.org