A comunidade tamén estivo na folga

Hoxe en Vigo e en moitas cidades do Estado milleiros de traballadoras e traballadores saíron ás rúas para manifestarse en contra do recorte de dereitos que trae a reforma laboral.

Na nosa cidade houbo varias manifestacións convocadas polos distintos sindicatos e en todas elas houbo participación de membros da comunidade deixando o noso apoio as mobilizacións.