A Comunidade achégase ás razóns da Folga Xeral

Onte asistimos á charla sobre a Folga Xeral do 29-S que nos ofreceu o compañeiro da Comunidade Luis Calvo. A exposición aproximounos á nova Reforma Laboral, pero sobre todo tentou seu un exercicio comunitario do «ver-xulgar-actuar» ao que estamos acostumados. Así, baixo unha lectura evanxélica quedou claro a quen afecta a situación de crise económica e laboral, como sempre aos máis empobrecidos, e polo tanto o noso deber como cristiáns de denunciar dita situación.

Posteriormente houbo un diálogo moi interesante entre as persoas asistentes en torno a actual situación política-sindical e laboral, e a conveniencia ou non de apoiar a próxima Folga do 29 de setembro.

Un comentario

  1. magnificent issues altogether, you simply received a new reader. What would you suggest in regards to your submit that you made a few days in the past? Any certain?

Los comentarios están cerrados.