Multitudinaria manifestación a prol da apertura do centro de inclusión social

O pasado xoves 16 de setembro pudimos participar nunha multitudinaria manifestación organizada pola Rede Social Galicia Sur a prol da apertura do centro de inclusión social para as persoas sen fogar da cidade.

As rúas do centro da cidade foron testemuñas do clamor dos asistentes reclamando a urxente apertura deste recurso. Partimos dende o MARCO percorrendo a rúa do Príncipe para chegar a Praza da Constitución onde puidemos, en primeiro momento, ver unha montaxe con imaxes do día a día da xente que malviven nas rúas. Logo asistimos a un «pleno extraordinario» do Concello de Vigo, no que contamos con membros dos tres grupos políticos con representación municipal. Nel por aclamación popular aprobouse a apertura do centro de inserción social. En resumo que por unha tarde os nosos desexos cumpríronse.

3 comentarios

  1. » EU QUERO VER, EU QUERO VER ACONTECER, UN SOÑO BO, SOÑO DE MOITOS, ACONTECER.
    Soño que si soñas só,pode ser unha ilusión, soño que si soñas xunto, é sinal de solución, imos soñar compañeiros, soñar lixeiro, soñar todos nós.»

Los comentarios están cerrados.