Catequese 2010/11

Estamos xa preto de comeza o curso de catequese 2010/2011, polo tanto todas aquelas familias que desexen anotar aos seus fillos e fillas neste proceso educativo poden facelo ata o 30 de setembro.

Para facer a inscrición so abonda con achegarse polo despacho parroquial de 20h00 a 21h30 e levar 2 € (para material) e unha foto recente (no caso das novas inscricións).

O comezo das actividades será na primeira semana de outubro cos seguintes horarios:

– Iniciación (2º primaria): martes de 19h00 a 20h00

– Comuñón (3º primaria): sábados de 12h00 a 13h00

– Postcomuñón (4º,5º,6º primaria  e 1º ESO): domingos de 11h00 a 12h15

– Preadolescentes (2º e 3º ESO): domingos de 11h00 a 12h15

– Adolescentes e confirmación (4º ESO e 1º bach.): xoves 20h00 a 21h00