Manifestación da Rede a prol da apertura do centro de inclusión social

Este xoves a partires das 19h30 todos temos que acudir á manifestación convocada pola Rede Social Galicia Sur a prol da apertura inmediata do centro de inclusión social para as persoas sen fogar da cidade.

Lembramos que sairemos do Marco para chegar ata a Praza da Constitución onde faremos un pleno no aprobaremos dita apertura.

2 comentarios

  1. Pareceme moi acertados os eslógans » + VONTADE PÓLITICA» e «-INTERESES PARTIDISTAS».
    Pois, co paso do tempo, percibo que hai moi pouca vontade políca e algún interese pindividual (ego) por parte de algúns/as dos/as que se ¿aglUtinan? en torno a esta boa obra. Valórase moi pouco o traballo por parte dos e das que están traballando, sobre a igualdede das persoas, dende unha formación política.
    Eu recoñezo o voso trabllo, admírovos por iso e exhortovos a seguir nesa loita; pero non entendo que non valoredes o traballo de outros e outras polo feito de que veñan dende outra pola.
    ¡Coidado! Parece hai unha viga en moitos ollos. A algúns e algunhas cústanos moitas veces ver claro.
    Se non se valora o trabllo político, tal vez sexa mellor variar os eslógans e dicir «-VONTADE POLÍTICA» «+INTERES PARTIDISTA»

    1. A loita dende o terreo da política é moi importante e complementa moitas loitas que se fan dende outros campos. Por isto non temos nada que dicir daquelas persoas que escolleron ese camiño para construír un mundo máis xusto. O que non poderemos deixar de dicir é que coas necesidades básicas das persoas non se xoga e por desgraza en Vigo nos últimos meses -a propósito do albergue- fomos testemuñas de moito xogo político con este tema por parte dos grupos con representación municipal.

Los comentarios están cerrados.