A Rede Social convoca un acto o 16 de setembro para reclamar a apertura do albergue

A Rede Social Galicia Sur ven a reclamar dende hai anos a apertura e posta en marcha dun Centro de Inclusión Social que atenda ás persoas sen fogar de Vigo. Tras os últimos cruces de declaracións nas que os nosos representantes municipais discuten sobre o emprazamento destes servizos, queremos que se oia a nosa voz que ven dicir:

– a apertura do centro de inclusión non se pode retrasar nin ralentizar máis. Non hai disputa política nin partidista que o xustifique.

– por primeira vez na cidade este parece ser un tema de todos e todas, xera opinión e esa opinión pública vai en liña de reclamar a apertura xa.

A Rede segue a esixir e reclamar á Administración Local a pronta apertura do Centro de Inclusión Social na cidade de Vigo.

Por isto a Rede Social Galicia Sur ten a ben convocar para o xoves día 16 de setembro ás 19:30 horas unha marcha que se iniciará na Rúa Príncipe (fronte ao MARCO) e rematará na Praza da Constitución coa escenificación dun Pleno Municipal que dea aprobación definitiva ao emprazamento deste Centro.

No caso de ser resolta pola corporación municipal a ubicación de dito Centro antes do 16 de setembro os actos levaranse a cabo de igual forma pero terán un carácter celebrativo.