Remataron os campamentos Vilán 2010

O pasado venres 16 de xullo dábamos por finalizados os campamentos de verán 2010. Este ano estiveron repartidos en dúas quendas, ao primeiro máis numeroso foron os nenos de 3º, 4º e 5º de primaria e no segundo contamos con rapaces de 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO.

Foron quince días nos que grandes e maiores poderon disfrutar vivindo coma unha gran familia, na que se compartiron moreas de cousas. Agardámosvos o ano que ven na catequese e en Vilán!