Curas galegos solidarízanse co teólogo José Arregui

Podemos ler hoxe en Vieiros que curas do foro «Bispo Araúxo» apoian ao franciscano vasco José Arregui que está en conflito co novo bispo de Donostia José Ignacio Munilla.

Segundo informan en Vieiros: «A Igrexa de Euskadi, e máis concretamente a de Guipúzcoa, vive dende hai meses un forte enfrontamento entre os cregos de base e a xerarquía. Un dos episodios máis significativos foi o do teólogo fanciscano e profesor Joxe Arregui. Este denunciou a principios de ano que o novo bispo de Donostia, José Ignacio Munilla, tiña preparadas purgas dos cregos que non estaban aliñados cos seus posicionamentos ideolóxicos (moi conservadores, na liña da xerarquía española). Arregui chegou a afirmar de que había probas de que o novo bispo posuía fichas da liña ideolóxica dos principais cregos guipuzcoanos (hai que lembrar que 85 dos 110 parrocos asinaron un manifesto contra o nomeamento de Munilla).»

Podedes ler a nova completa en Vieiros, pinchando neste enlace: www.vieiros.com/nova/80227/o-foro-de-curas-bispo-arauxo-solidarizase-co-teologo-xose-arregui