Parrotroca: mesa de troco na festa da Bouza

Aproveitando a festa da Bouza este sábado a partires das 12h30 na carballeira da Bouza organizaremos un pequeno mercadillo de troco, que consistirá nunha mesa a disposición de todas aquelas persoas que queiran levar algo que estean dispostas a trocar ou ceder.

Dese xeito queremos por un lado: dar a coñecer o taboleiro de economía alternativa – Parrotroca, que é un espazo de intercambio/troco e cesión de bens e servizos entre as persoas que formamos parte da comunidade; e por outro dar a posibilidade de experimentar que a partires de cousas pequenas podemos construír unha economía alternativa.

Esta actividade está dirixida a todas as idades, os máis pequenos por exemplo poden participar levando xoguetes…