Estreamos nova páxina

A páxina web da comunidade faise maior o que obriga a facer algúns cambios, co fin de que continúe a ser unha ferramenta útil para a comunidade.

A mediados do 2007 comezabamos cun espazo na rede onde amosar ao resto a comunidade e onde ir recollendo todo o que puidera servirn na vida comunitaria, e para que este tamén fóra unha xanela onde quen quisera puidera achegarse para ver o noso día a día.

Dende o comezo para facer camiñar a web servímonos de ferramentas libres (Joomla) e neste momento reafírmamonos nesa vía, pero agora facendo funcionar a páxina con WordPress coa intención de facer a navegación e o acceso aos contidos máis sinxelo.

Estamos aínda con peqeunos trocos e axustes, polo que pedimos a vosa paciencia e colaboración. Se tedes algunha dúbida sobre o uso da nova web ou algunha suxerencia so tedes que enviala a: info@comunidadebasecoia.org ou comentar esta nova.

2 comentarios

  1. Xa era hora!, mira que costou darlle o cambio. Agradecerlle a Diego de maneira persoal o seu esforzo para que o proxecto non parara e que se rematase.

  2. moi boas, Chapeau!!! para Diego. esta moi ben a páxina. Unha mellora considerable.
    Agora é unha páxina máis fresca e acorde coas novas tecnoloxías.
    Enoraboa a todos, Pablo, Diego….

Los comentarios están cerrados.