A raíz da publicación pola Xunta de Galiza no DOG das bases do Programa para a promoción do emprego autónomo (Orde 22/4/2010), dende o grupo de apoio a inserción laboral e social, consideramos de interese a posta a disposición da Comunidade os datos do mesmo.
Deste programa destacamos:
– Promove axudas para financiar a creación do seu posto de traballo para as persoas desempregadas
– Apoia a posible contratación indefinida por parte de un autónomo.
BENEFICIARIOS:
– Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que creen o seu propio posto de traballo, dándose de alta como autónomos.
– Autónomos que realicen a primeira contratación indefinida durante o seu primeiro ano de actividade.
TIPOS DE AXUDAS:
– Subvención polo establecemento como traballador/a autónoma (axudas entre 5.000 a 10.000€)
– Subvención financeira de redución de xuros de préstamos (máximo catro puntos, sobre o tipo fixado)
– Subvención para asistencia técnica – estudos de viabilidade, organización, comercialización. (Máximo-1.000€)
– Subvención para formación- Dirección, xestión e novas tecnoloxías (75% custo do curso, máximo de 3.000€)
– Axuda excepcional financiamento dos primeiros gastos da actividade (axudas entre 2.000 a 3.600 €)
– Subvención a primeira contratación indefinida (entre 4.000 e 6.000€- máximo o 60% custe salarial 2 anualidades)
PRAZO SOLICITUDE
Finaliza o 30 de xuño do 2010.
– – –
A comunidade pon ao servizo das persoas interesadas un horario de atención para informar deste plan:
Luns de 17h00 a 19h00, os días 24, 31 de maio e 7, 14, 21 e 28 de xuño
Martes de 12h00 a 14h00 os días 25 de maio e 1, 8, 15, 22 e 29 de xuño
Mércores de 17h00 a 19h00 os días 26 de maio e 9 y 23 de xuño | Mércores de 9h30 a 11h30, os días 2 e 16 de xuñ
Xoves de 9h30 a 11h30, os días 27 de maio, 3, 10, 17 e 24 de xuño
Hello there, just turned into alert to your weblog thru Google, and located that it is truly informative. I am going to be careful for brussels. I will be grateful for those who continue this in future. A lot of other folks might be benefited out of your writing. Cheers!