Excursión en Vilán de Iniciación e Comuñón

O domingo 2 de maio tivemos a excursión anual da Catequese dos cursos de Iniciación e Comuñón. Case duascentas persoas entre pais, nais, catequistas, nenas e nenos xuntámonos no terreo da nosa Parroquia («Eido Baixo») en Vilán (Fornelos de Montes). Foi unha xornada preciosa na que todos gozamos da comunicación, a comida, o xogo e a convivencia. Ademais o tempo acompañounos. Podedes ver algunhas imaxes do día na Galería de Imaxes.