Este domingo as Comunidades de Adultos da nosa Parroquia xuntáronse co obxecto de debater propostas de futuro cara ao vindeiro curso.
Igual cos primeiros discípulos tamén nos hoxe vémonos na obriga de facer un recoñecemento ao redor xa que non semella fácil recoñecer a presenza do resucitado na nosa realidade cotiá.
A nosa cultura está especialmente cega a todo o que non sexa o goce inmediato e rendible a curto prazo. Nesta época marcada polo consumismo e a tecnicidade as persoas andan na procura desesperada dunha aparente felicidade que coidan conseguir con máis cartos, máis poder social e máis prestixio. Esta presión ten un grande poder deshumanizador.
POR ISO É NECESARIO:
Aprender a ollar e escoitar a vida, para provocar as grandes interrogantes de quen somos e que valor ten para nos a vida e que tipo e como e a sociedade na que paga a pena vivir.
POR ISO É NECESARIO:
Crear células comunitarias e comunidades de fe onde atopar acougo, comprensión e axuda o crecemento, para subsistir neste momento onde se perdeu o papel protector da relixión predominante.
POR ISO É NECESARIO:
Cultiva lo misterio de Deus non perdendo o trato respectuoso para non quedármonos en rituais e moralina. Precísanse crentes que falen do que saben porque o teñen experimentado.
POR ISO É NECESARIO:
Unha fe con sensibilidade solidaria, facer camiño para recoñecer o Resucitado no xeito de vivir e nas experiencias de fe. Ambas as duas cousas son inseparábeis nun actuar consecuente e transformador.
POR ISO É NECESARIO:
Unha rexeneración democrática e a práctica da contracultura do compartir, unha austeridade de vida no medio desta relixiosidade consumista que lexitima o noso vivir.
Por todas estas necesidades dende as Comunidades de Adultos e paragrafando o pregaria de hoxe, “A hora do Espíritu chegou os nosos corazóns, se somos quen de ser persoas servidoras, sen dubida a forza do Señor está connosco. El vainos dar o don da comunicación e da sinxeleza. El vainos facer comunidade de amor, faranos Igrexa aberta a todas as xentes.
E a hora do Espírito… imos servir?