Este ano o Día das Letras Galegas está de dedicado ao poeta do Courel Uxío Novoneira. Para conmemorar este día tan importante para a cultura galega o Centro Cultural Rueiro, Dorna e Movemento Cidadán organizan unha serie de actividades.
– Domingo 9 de Maio: Concerto da Coral «Rueiro» co gallo do «Día das Letras Galegas», no IFEVI
– Xoves 13 de Maio: Charla-coloquio sobre «A vida e a obra de Uxio Novoneyra», a cargo de Anxo Angueira Viturro, filólogo, escritor e docente. Ás 19h00 no salón de Actos do Complexo Parroquial «Cristo da Victoria» de Coia. O remate haberá sorteo de libros galegos.
– Domingo 16 de Maio: Noite das Letras Galegas: lectura de poesía, contos, música galega. A partires das 22h00 no salón de Actos do Complexo Parroquial «Cristo da Victoria» de Coia. Ao remtar o acto haberá un pequeno refrixerio.
– Luns 17: «A lotería» obra de teatro a cargo do grupo do C.C. Rueiro, ás 20h00 no no salón de Actos do Complexo Parroquial «Cristo da Victoria» de Coia.