Encontro paralelo á reunión dos ministros de pesca da Unión Europea en Vigo

Ante a reunión que manterán nos primeiros días de maio os ministros de pesca da UE en Vigo, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, máis a problematica  situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria anexo, e constará dos actos e accións que se detallan no programa que engadimos tamén en documento adxunto.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento que será entregado aos/ás participantes na reunión ministerial.

Deixamos tamén o enlace á entrevista que lle fixeron en Altermundo a Tom Kucharz (membro de Ecoloxistas en Acción) no que repasa polo miúdo as consecuencias que tiveron, teñen e poden ter as políticas da Unión Europea nos eidos económico, social e ambiental.. Neste enlace a tedes: www.altermundo.org/content/view/3187/1/

Un comentario

  1. Have you ever considered about adding a little bit more than just your articles? I mean, what you say is important and all. Nevertheless think of if you added some great pictures or videos to give your posts more, «pop»! Your content is excellent but with pics and videos, this site could definitely be one of the greatest in its field. Fantastic blog!

Los comentarios están cerrados.