Asemblea de Crentes Galegos – Santiago 17 abril

O vindeiro sabado 17 de abril en Santiago de Compostela vai ter lugar a Asemblea de Crentes Galegos que xira ao redor do tema: A nosa vivencia do seguimento de Xesús. Segundo a coordenadora: pretendemos compartir neste contexto histórico social no que vivimos, as reflexións sobre a vivencia do noso seguimento de Xesús nos grupos e comunidades que conformamos á Coordenadora. Unha reflexión aberta a outras persoas e grupos interesad@s en compartir connosco o seu propio ser cristián ou cristiá.

Para iso propoñemos como traballo previo a reflexión individual e en grupo sobre estes aspectos:

1. A nosa vivencia do seguimento de Xesús a nivel persoal

2. A nosa vivencia do seguimento de Xesús a nivel grupal

3. Aa nosas celebracións

4. A relación coa sociedade civil, cos movementos sociais, os nosos quefaceres para facer un mundo máis xusto.

Con estas premisas o Programa da Asemblea é o seguinte:

10h00 – Acollida

10h30 – Presentación e Motivación da Asemblea.

11h00 – Traballo por grupos (sobre os puntos indicados antes).

12h00 – Descanso.

13h00 – Posta en común e Conclusións do Traballo por Grupos.

14h30 – Xantar compartido.

16h30 – Celebración.

18h00 – Remate da Asemblea e Informacións varias.