«Vivir sen supermercados», Esther Vivas

Ir mercar ao supermercado converteuse nunha práctica cotiá. De feito, un 80% das nosas compras levan a cabo en grandes cadeas de distribución como Carrefour, Alcampo, Eroski, Corte Inglés e Mercadona, etc. Aínda que comemos e consumimos diariamente, e moi a miúdo facémolo mediante a compra en supermercados, poucas veces detémonos a pensar nas consecuencias que este modelo ten por todos aqueles que participan na cadea de comercialización: campesiños, traballadores, consumidores, comercio local. Agora pode ser un bo momento para expornos estas cuestións.

Algúns impactos

A concentración empresarial en cada un dos tramos da cadea agroalimentaria vai en aumento e o sector da distribución non é unha excepción. A dinámica en Europa, por exemplo, apunta a unha tendencia ascendente. En Suecia, tres cadeas de supermercados controlan o 95,1% da cota de mercado, en Dinamarca tres cadeas monopolizan o 63,8%, e en Bélxica, Austria e Francia unas poucas compañías dominan máis do 50%. Cada día temos menos portas de acceso aos alimentos, á vez que o produtor ten menos opcións para chegar a nós. O poder da industria agroalimentaria é total e a nosa alimentación quedou supeditada aos seus intereses económicos.

Este modelo de distribución ao detalle, que se xeneralizou no últimos cincuenta anos no Estado español, comporta un empobrecimiento xeneralizado da actividade campesiña, a homogeneización daquilo que consumimos, a precarización dos dereitos laborais tanto nos seus centros comerciais como naqueles que lles provén, a perda do comercio local, a promoción dun modelo de consumo insustentable e irracional. Vexamos algunhas cifras.

O diferencial entre o prezo en orixe dun produto (pago ao campesiño) e en destino (o que pagamos nun ‘súper’) é unha media do 490%, segundo cifras do sindicato campesiño COAG, pero nalgúns alimentos este pode chegar a superar con fartura o 1.000%, como é o caso das patacas, os tomates, os pepinos ou as cenorias. Mentres, a gran distribución é quen leva o beneficio. Esta situación comporta un crecente empobrecimiento da poboación campesiña, cunha diminución anual da súa renda do 26% no últimos cinco anos. Con estes datos non nos tería que sorprender que cada tres minutos en Europa desapareza unha explotación agraria, segundo datos da Vía Campesiña, xa que os pequenos produtores non poden competir coa agroindustria.

No ámbito laboral, o traballador está sometido a ritmos de traballo intensos, tarefas repetitivas e pouca autonomía de decisión, que comportan enfermidades, como a tensión, o esgotamento, as dores crónicas nas costas e cervicais, etc. Ademais, os horarios laborais altamente flexibles, en función dos intereses produtivos da empresa, dificultan a conciliación da vida laboral coa social e familiar, facendo que o traballador chegue a perder incluso o control sobre o seu tempo libre.

O impacto no pequeno comercio é devastador. Si o ano 1998 había no Estado español 95 mil tendas, no 2004 esta cifra reduciuse a 25 mil. O comercio tradicional de alimentos sufriu unha erosión constante e imparable desde os anos 80, chegando a ser a día de hoxe case residual.

Alternativas

Con todo, podemos vivir sen supermercados? Os grupos e as cooperativas de consumo agroecológico, a compra directa ao campesiño, o comercio local, as cestas a domicilio, ir ao mercado… son algunhas opcións alternativas que implican un modelo de comercialización de proximidade, establecendo unha relación directa e solidaria entre o campesiño/o campo e o consumidor/a cidade. Trátase de opcións de compra que van en aumento. Si antes do ano 2000 en Cataluña tan só existían dez grupos de consumo ecolóxico, hoxe en día esta cifra chega case ao centenar.

Esta acción colectiva no ámbito do consumo é fundamental para empezar a cambiar dinámicas e chegar a máis xente. A miúdo fálallenos do noso poder individual como consumidores, pero aínda que a acción individual achega coherencia e é demostrativa, por si soa ben poucas cousas poderá cambiar. A perspectiva política é clave. Por exemplo, eu podo formar parte dunha cooperativa de consumo e optar pola compra de alimentos ecolóxicos, pero si non se prohiben os transxénicos chegará día en que tanto a agricultura convencional como a ecolóxica estará contaminada, froito dunha coexistencia imposible. Por tanto, fai falta mobilizarnos, saír á rúa e esixir que queremos unhas políticas agrícolas e alimentarias que garantan un consumo saudable, respectuosas coa natureza e que teñan en conta os dereitos do campesinado e os traballadores.

A lóxica capitalista que impera no actual modelo agrícola e alimentario é a mesma que afecta outros ámbitos das nosas vidas: a privatización dos servizos públicos, a especulación coa vivenda, a deslocalización empresarial, a precariedade laboral. Cambiar o actual sistema agroalimentario implica un cambio radical de paradigma. E para facelo a acción política e a creación de alianzas con outros actores sociais (campesiños, traballadores, ecoloxistas, feministas…) é imprescindible.

Esther Vivas é coautora do libro Supermercados, non grazas (Icaria editorial, 2007). Artigo publicado no semanario A Directa, nº 171.

 

Lido en: www.arbore.org