Constiúese Fiare Galiza

O pasado día 16 de Xaneiro 13 colectivos galegos constituíron en Santiago de Compostela a asociación “Fiare Galiza”, a cal nace co obxectivo de contribuír no camiño xa comezado noutras partes de España de ofrecer unha alternativa de “banca ética”.

Acorde co obxectivo de avanzar no tema das “finanzas éticas” alcanzado na asemblea parroquial do Xuño pasado, a parroquia estivo representada neste acto, que tivo lugar no colexio Lasalle de Santiago, como membro constituínte da mesma.

Posteriormente á constitución deuse unha rolda de prensa na “Galería Sargadelos”, seguido dun xantar comunitario no propio colexio Lasalle. A primeira hora da tarde os compañeiros de Fiare do País Basco (Peru) e Cataluña (Jordi) compartiron cos asistentes unha agradable conversa na que expuxeron as súas experiencias e contestaron a todas as dúbidas que sobre o proxecto se lle plantexaron. Máis informarción en Vieiros.