Nestes días o pobo de Haití sufriu unha terrible catástofre humanitaria derivada das terribles consecuencias do terremoto que afectou ao país nesta semana. Dende os medios de comunicación chegan imaxes e datos escalofriantes desta traxedia que afecta a un dos países máis pobres do planeta. A nosa comunidade quere facer chegar o seu apoio ao pobo de Haití nestes momentos de tanto sufrimento, unha boa forma de apoiar e estar atento ás novas que chegan dende alí a través de páxinas amigas como a de Xustiza e Paz.