Conferencias Pobreza Cero

O ciclo de conferencias “Contra a pobreza: Presiona!” abrirá coa presenza de Pablo J. Martínez Osés Coordinador da “Plataforma 2015 y más” que abordará os retos pendentes para acadar os ODM na charla “ODM, pódese acabar coa pobreza?”. Será o xoves 10 de Decembro no centro Sociocultural Caixa Galicia Vigo ás 19h00.

A segunda conferencia do ciclo se presentará baixo o título: "A alternativa está aquí (ou de como as mulleres cambiamos o mundo)". A relatora será a escritora e Presidenta da ONGD Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez.. Será o xoves 17 de Decembro na sala de Conferencias do Centro Social Caixanova ás 19h30.

O catedrático de economía aplicada na Universidad Autónoma de Barcelona, Arcadi Oliveres, ofrecerá a conferencia “Acabar coa pobreza en tempos de crise”. Oliveres é toda unha eminencia en materias como: relacións norte-sur, comercio internacional, débeda externa e consumo responsable. Será o martes 29 de Decembro no auditorio Centro Cultural Caixanova ás 19h30.