A Rede Social Galicia Sur denuncia que o concello destina poucos cartos a axudas á cooperación

A Rede Social Galicia Sur lanza unha campaña na que denuncia a escasa axuda que o concello de Vigo dedica a axudas ao Terceiro Mundo: «Hai que humanizar os orzamentos municipais», afirmou Francisco Vallverdú, voceiro de Eduación sen Fronteiras, para referirse á escasa aportación económica do Concello de Vigo á cooperación internacional. Según a Dirección Xeral de Políticas de Desarrollo, Vigo so aporta cen mil euros do seu orzamento anual a este obxectivo. A cifra representa o 0,043% do seu orzamento, e queda moi por detrás de municipio como Xixón (0,7%, 1,6 millóns de euros), Córdoba (1,1%, 3,7 millóns de euros) ou Logroño (0,6%, 1,1 millóns de euros).

 A Rede lanza un programa de actos que comeza co concerto do xoves e ao que lle seguirán varias charlas co título “Contra la pobreza. Presiona!”:

– O día 10 de decembro abre o ciclo de conferencias da campaña Pablo J. Martínez Osés no Centro Sociocultural Caixanova. O coordinador de “Plataforma 2015 e máis” abordará os retos que restan para lograr os Obxectivos do Milenio.

– O día 16 de decembro tamén no centro Social Caixanova, María Reimóndez, presidenta de Implicadas no Desenvolvemento e autora, entre outras, de "El club de la calceta" dará unha charla co título “A alternativa está aquí”.

– O 29 de decembro no Centro Cultural Caixanova o catedrático de Economía Aplicada Arcadi Oliveres analizará as relacións norte-sur e o comercio internacional.

Máis información sobre este asunto nas páxinas da prensa local: Faro de VigoVoz de Galicia e Atlántico.