Foro Relixión e Cultura en Galicia 2009

A asociación Encrucillada organiza o Foro Relixión e Cultura en Galicia 2009 co título "A outra cara da crise", que se vai celebrar o vindeiro sábado 7 de novembro, dende as 9.15h no Auditorio de Santiago de Compostela. Podedes ver o programa e ter máis información na web de Encrucillada.

Programa:

09:15 Presentación.

09:30 Carlos Taibo: Crise e Decrecemento.

11:15 Joaquín García Roca: Crise e movementos sociais.

13:30 Celebración.

14:15 Xantar.

16:00 Presentación do libro A graza daquel verán de Manuel Regal Ledo

16:20 Mesa redonda. Participan Carlos Taibo, Joaquín García Roca, Carme Yebra e Santiago González Avión.

18:00 Remate

_ _ _ _ _

– Carlos Taibo é Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid

– Joaquín García Roca é Profesor de Cooperación Internacional, de Participación Social e de Organizacións Solidarias na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Valencia

– Carme Yebra é Licenciada en teoloxía e forma parte do Consello de Redacción de Encrucillada

– Santiago González é presidente en Galicia da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social