Asemblea de inicio de curso de educadores

Coma cada ano xuntámonos os catequistas para repasar o curso pasado e  preparar a programación e o inicio da Catequese 2009-2010.

O ano pasado contamos con ao redor de 270 rapaces nas diferentes etapas da Catequese. Tras analizar o curso pasado etapa a etapa pasamos a preparar o vindeiro curso. Este ano tivemos diversas altas e baixas polo que aproveitamos para lembrarvos que se queredes botar unha man nesta tarefa seredes benvidos.

Lembrar tamén que está aberto o prazo de inscrición de nenos e nenas na Catequese, de luns a venres de 20.00 – 21.00. O inicio da Catequese será o día 03/10/09.

Sen máis despedímonos o grupo de educadares na fe.

Un saúdo.


Un comentario

Los comentarios están cerrados.