Remataron os campamentos de Vilán 2009

Como cada verán Vilán converteuse por uns días na casa daqueles que tivemos a sorte de estar de campamento. Este ano houbo dous turnos o primeiro de dez días para nenos e nenas de entre 9 e 13 anos e o segundo de catro días para rapaces con idades comprendidas entres os 14 e os 18 anos.

Non faltaron os xogos, os talleres, a diversión, os momentos de reflexión, os baños… e moitas cousas máis que fan de Vilán un recuncho privilexiado para vivir o comunitario. Podedes ver algunhas fotos na Galería de Imaxes.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.