Vídeo-documental: «A cidade detrás dos espellos»

Nas comunas da Cidade de Medellín, moitas familias viven en condicións de pobreza absoluta. Desnutrición na poboación infantil, poucas oportunidades de acceso a un emprego digno, precariedade da educación e a saúde, construción de vivenda en terreos en riego, son só algunhas das situacións que diariamente afrontan os poboadores destas comunas.

Este video documental é un documento de denuncia da situación destas familias, e un chamado ás autoridades locais a que deixen de investir tantos recursos en seguridade (militarismo) e que se prioricen de inmediato recursos para a asistencia social das familias das comunidades máis pobres da Cidade de Medellín.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.