Ao redor de cincuenta persoas estaban preparadas nas portas do edificio da Gota de Leite para pasar a noite co fin de reclamar a apertura do albergue para persoas sen teito.
Dende as oito da tarde numerosas persoas achegáronse ao edificio para prestar o seu apoio a aqueles que se dirixían a pasar a noite. Lembramos que hoxe ata as oito da tarde seguira a concentración que rematara cunha gran cadea humana.