Letras Galegas 2009

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado á persoa de Ramón Piñeiro e as asociacións do barrio convocan unha serie de actividades:

– Xoves 14: Charla sobre "Ramón Piñeiro e as Letras Galegas" a cargo de Álvaro Varela profesor do IES Alexandre Bóveda ás 20.00. Haberá repartos de libros.

– Sábado 16: A noite das Letras Galegas. Música e poesía galega ata a entrada do Día das Letras Galegas ás 22.30 horas.

– Venres 22: Presentación do libro "Xesús, aquel home de aldea" a cargo do seu autor Manolo Regal ás 20.00.

– Domingo 24: Concerto da Coral, ás 19.30 h. Coro de cámara "A Laranxa" de Vigo, coral "Rueiro" de maiores e coral infantil "Rueiro".

Todos os actos serán no complexo parroquial do Cristo da Victoria.