O pasado domingo os compañeiros de Baladre (Coordinadora Estatal de loitas contra o paro, a pobreza e a exclusión social) Manolo Saez e José Iglesias acompañáronnos nunha tarde na que poidemos falar das potencialiadades da RBis como un instrumento de loita máis contra o sistema. A tarde serviu ademais para achegarmos á realidade doutros barrios do estado nos que se están a artellar loitas e resistencias que axudan na construción dun mundo mellor.
Este xoves 14 de maio Manolo conversará sobre a RBis cos membros do grupo Imán e Sereos a partires das 11.00 no centro cívico do Casco Vello.