As comunidades xuvenís visitan a parroquia de Puente Ladrillo en Salamanca

Un grupo formado por membros das diferentes comunidades xuvenís achegámonos o pasado fin de semana ao barrio de Puente Ladrillo en Salamanca para compartir experiencias cun grupo da parroquia do barrio.

O motivo do encontro era coñecer a realidade doutros grupos de persoas que traballan na construción do Reino, neste caso o grupo de Puente era un grupo formado por familias -maiores e pequenos xuntos- que desenvolven unha experiencia de fe en comunidade dentro da parroquia deste barrio popular situado nas aforas de Salamanca. O sábado mantivemos unha xornada de convivencia no pobo de Huerta, compartindo xantar primeiro e despois reflexións sobres as experiencias das nosas comunidades.

O domingo achegámonos ao barrio onde celebramos coa comunidade a eucaristía, ademais tivemos tempo de percorrer as rúas e coñecer de cerca algunha das accións que están a desenvolver dende a parropuia: ropeiro, casa de acollida, empresas de inserción, etc.

En definitiva unha fin de semana, na que tamén tivemos tempo de percorrer as fermosas rúas da cidade, de sentirmos comunidade coas xentes de Puente Ladrillo.