Acto sociocomunitario en lembranza das persoas sen teito falecidas no incendio de Polonia

O martes 21 de abril ás 11.00 h terá lugar na Praza da Constitución un acto sociocomunitario en lembranza das 22 persoas sen teito que faleceron o pasado día 13 a causa dun incendio ennun albergue en Polonia.

{mosimage}

Dende a Praza da Constitución camiñaremos polas rúas do casco vello ata un edificio que sufriu recentemente un incendio. Alí faremos 3 minutos de silencio el homenaxe ás vítimas de Polonia, a todas as persoas que sofren as consecuencias dos frecuentes incendios en casa abandonadas na nosa cidade e tamén a unha compañeira do programa Sere@s do Casco Vello que vivía na rúa e faleceu hai uns días no hospital.

Finalmente insistiremos, unha vez máis, na urxente necesidade da posta en marcha do Centro de Emerxencia Social de Vigo.