O grupo Imán convoca un acto sociocomunitario en lembranza dunha compañeira finada na zona de Travesas o pasado día 24.
O acto será na Praza da Independencia, nun banco, diante da tenda de deportes Jalda. Nese lugar e na súa lembranza, o xoves 5 de marzo, ás 11.30, nos atoparemos para xuntos vivir o duelo e lembrar con afecto e respecto a nosa compañeira. Nese banco depositaremos flores e velas e leremos unha reflexión.
Desexamos que o maior número de persoas posible se acheguen a este acto sociocomunitario.
{mosimage}