Festa do Entroido 2009

Como todos os anos por estas datas, volvémonos a atopar nos locais da parroquia para disfrutar todos, nenos e maiores, da festa do Entroido 2009. Nesta ocasión, cun "rap" volveuse a reclamar a construción do Centro Cultural.

Para finalizar, os refrescos e a variedade de doces axudaron a recobrar as enerxías que iamos gastando ao son da música e do karaoke. Podedes ver algunhas imaxes da festa na Galería de Imaxes.

A seguinte cita será o martes 24 ás 17.00 horas no salón de actos cunha festa para os máis pequenos.

Un comentario

  1. Thank you for another excellent article. Where else could anybody get that kind of information in such a perfect way of writing? I have a presentation next week, and I’m on the look for such info.

Los comentarios están cerrados.