Acto de lembranza polos compañeiros de “Sereos” finados

O Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións “IMAN” da U.A.D. do Concello de Vigo, a Asemblea permanente de persoas sen teito do Programa “Sereos” Casco Vello – Comité Óscar Romero e a nosa comunidade, como xa é habitual cada vez que un compañeiro/a sen teito morre, COMUNICAMOSVOS que o próximo mércores, 4 de febreiro, temos convocado un acto sociocomunitario, en lembranza dos catro compañeiros sen teito finados no mes de xaneiro na nosa cidade.

O acto está convocado para as 19.00 h na rúa do Príncipe, entre os números 32 – 34 (diante do comercio Cortefiel, lugar onde finou un dos compañeiros). Durante o encontro leremos un documento reflexivo e faremos catro minutos de silencio.

Deixamos esta bonita viñeta de El Roto.