Onte coméntabamos na web que a prensa viguesa viña recollendo o cruce de declaracións entre alcalde e BNG pola ubicación do albergue para as persoas sen teito, hoxe podemos ler na prensa que a Policía Local tamén quere puxar polo edificio reclamando o mesmo para reubicar alí a comisaría de policía.
En resposta a este debate público varias ONGs da cidade envían hoxe unha carta por rexistro ao alcalde na que lle piden que deixe de interferir na construción do albergue.
D. Abel Caballero
Alcalde de Vigo
Concello de Vigo
CARTA ABERTA AO ALCALDE DE VIGO
Sr. Caballero, lembrámoslle que no ano 2004 aprobouse nun pleno a creación dun albergue público.
Transcorreron case cinco anos e o Concello non o puxo en marcha. A Xunta anunciou en repetidas ocasións dende o ano 2007 a vindeira apertura deste centro. E finalmente, aínda que con moito atraso, vai a ser unha realidade xa. Comprometeron a apertura dunha primeira fase de servizos para marzo 2009 e o resto para o segundo semestre deste ano.
As Asociacións e ONGués abaixo asinantes non queremos entrar no xogo político que non beneficia nin dá resposta ás persoas que seguen morrendo e malvivindo nas rúas da nosa cidade. Esiximos que de inmediato o Albergue sexa un proxecto de cidade independentemente de quen o lidere ou xestione e que, polo tanto, o Concello facilite e axilice todo o relacionado coa tramitación administrativa correspondente e que este proxecto non se converta nun expediente administrativo máis e se utilice como arma política.
Unha cidade coma Vigo, a primeira cidade de Galicia, non pode permitirse que se repita o acontecido na última semana, na que morreron na rúa a lo menos tres dos nosos veciños. Como movemento social non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
Cando vostede manifesta aos medios de comunicación que “o edificio da antiga Escola de Hostalería, adaptaríase hoxe mesmo para albergue pois está recentemente reformado” non está tendo en conta que todos os servizos prometidos e necesarios, entre outros: albergue, comedor, centro de día, centro de acollida nocturna, non teñen cabida posible nese espazo e as actuais instalacións non serven. Con independencia de que calquera adaptación deste edificio retrasaría a lo menos entre un e dous anos a posta en marcha do servizo ademais do malgasto de diñeiro público feito na última reforma.
A cidade de Vigo dispón dunha oportunidade inmellorable para atender esta demanda urxente no emprazamento do edificio do antigo Fogar San Paio pola súa capacidade, polo espazo dispoñible, pola proximidade aos recursos normalizados, por ubicación e polas súas instalacións, que ademais conta cun espazo aberto adicional moi propicio. Consideramos que é a opción máis factible e de posta en marcha máis sinxela e rápida, que atenderá con mellor calidade ás urxentes necesidades das persoas sen fogar.
Somos moitas as persoas e colectivos que esiximos e reclamamos que a cidade Vigo cumpra e dea resposta aos dereitos básicos das persoas máis vulnerables, aquelas que non teñen capacidade de comunicarse, de ser recibicidas e, tristemente, bastantes delas falecidas na rúa nestes últimos anos. Seguiremos moi de preto o proceso de creación deste Centro, e non renunciamos, se chega o caso, á posibilidade de iniciar accións e esixir responsabilidades penais aos nosos mandatarios.
Sr. Alcalde, o destino dos inmediatos investimentos do Concello, 52 millóns de euros, propiciadas polo impulso do goberno central, vanse a destinar á humanización de diversas rúas de Vigo. Sr. Caballero, apelamos a que se deteña un momento a reflexionar e pense que na pretensión de “humanizar” non hai que esquecerse do SER HUMANO.
NON MÁIS DILACIÓNS. ALBERGUE PÚBLICO XA!!!!
Vigo, 22 de xaneiro 2009
Nota: remítese copia deste escrito ao Vicepresidente da Xunta de Galicia , Valedor do Pobo e aos medios de comunicación.
Nice post. I was checking constantly this blog and I am impressed! Extremely useful information specifically the last part 🙂 I care for such info much. I was looking for this particular info for a long time. Thank you and best of luck.