Os mártires da UCA terán xustiza

Podemos ler no blog otromundoesposible a seguinte nova:

"A noite do 16 de novembro de 1989 foron asasinados brutalmente, na Universidade Centroamericana de San Salvador (UCA), seis xesuitas e dúas mulleres a mans de militares do Exército salvadoreño. Jon Sobrino -que se salvou daquela matanza ao atoparse dando un curso de teoloxía en Thailandia a petición de Leonardo Boff- escribiu que os mataron "por ser conciencia crítica nunha sociedade de pecado e por ser conciencia creativa dunha futura sociedade distinta". Ignacio Ellacuría, Ignacio Martín-Baró, Segundo Montes, Juan Ramón Moreno, Amando López, Joaquín López e López, e as súas colaboradoras Elba e Celina Ramos, situaron a súa pastoral ao lado dos pobres e, de igual forma que Monseñor Romero, alzaron a voz contra os que usurpaban a dignidade ás persoas."