Precarias percorre a zona do Calvario para denunciar a especulación

Este fin de semana un grupo de 30 persoas convocadas por Precarias en Loita percorremos algunhas rúas que semellan esquecidas para a maior parte dos vigueses.

Comezamos o roteiro no edificio Bandeira (cruce Aragón con Jenaro de la Fuente) que albergou unhas importantes bodegas que na actualidade parece estar á espera do seu derribo. Continuamos polo contorno das rúas Vizacaia e Asturias onde conviven desordenadamente vivendas dos anos 20, do desarrollismo dos anos 60 e 70 e de nova construción, así ata chegar á Travesía de Vigo que atravesamos para chegar á rúa Pino e dende alí ao nudo de Isaac Peral no que se pode observar a fenda que a AP-9 e as vías do tren fixeron no barrio de Canadelo.

Ata eses momento o percorrido estaba cheo de espazos onde podías dende chegar a ver a ría a atopar unha pequena horta entre edificios ou calquera outra sorpresa. Logo para finalizar chegamos a Canadelo baixo e cruzamos por enriba das vías do tren e da AP-9 para retornar ao edificio Bandeira a camiñando polo entorno de Fátima.

Unha última parada foi nas obras do parking de Jenaro de la Fuente onde aproveitamos para denunciar o modelo de cidade proposto pola clase política viguesa.

Podedes ver algunhas imaxes do roteiro na web: precarias.arkipelagos.net