Outro ano máis A Bouza transformouse para acoller o Magosto do barrio que foi un éxito, unha tarde para lembrar.
As ricas castañas acompañadas dun bo viño novo da terra foron xunto coa xente os grandes protagonistas. O grupo folcklórico Rueiro estivo á altura das circustancias. Cun variado recital de bailes que deixounos abraiados.
En plena tarde e fóra do programa, lanzouse un gran globo de papel que a todos déixanos coa boca aberta. E para rematar tamén se reivindicou a construción do noso Centro Cultural que cada vez está máis preto. Podedes ver algunhas imaxes do Magosto na Galería de imaxes.