Manifestación en Vigo en contra da pobreza

O pasado sábado 18 de outubro milleiros de persoas saíron ás rúas para berrar en defensa da loita contra a pobreza. En Vigo unha rede formada por ONG’s e asociacións da cidade convocaron unha manifestación que percorreu dende a praza da Independencia ata á da Constitución diferentes rúas da cidade. Ao redor dun milleiro de persoas, dentro das cales había numerosos membros da comunidade, berraron para dicirlles aos políticos que os compromisos están para cumprir e que a loita contra a desigualdade e a pobreza deben de estar dentro das súas axendas.

Podedes a crónica publicada na Voz de Galicia e unha nova aparecida en Público.