Os «piratas» toman Toralla en contra da especulación

O sábado pasado uns 300 piratas tomaron a illa de Toralla, neste caso tomada como símbolo da especulación que as costas galegas levan sufrindo dende hai anos. A chegada á illa a fixemos a pé cruzando a ponte e por mar a bordo das máis variopintas embarcacións.

No asalto participaron numerosos colectivos, entre os que destacaban membros de "Galiza non se vende" que portaban unha camparta. O camiño cara a illa discurría con música e festa, nun ambiente lúdico ata o momento da lectura do manifesto ás portas da barreira da illa.

A partires da aí un grupo moi numeroso de policías irrumpiu no acto de malos modos: agredindo a algúns dos manifestantes, solicitando identificacións… que fixeron que o acto rematara cunha actuación fora de lugar.

Podedes ler a nova publicada en La Voz de Galicia e ver un vídeo do acto en Gzvideos.